GALICIA CLARINET FEST
INSCRÍBETE
PROFESORADO
TRABALLA CON NÓS
NOTICIAS
Un encontro único arredor do clarinete: formación, concertos e intercambio artístico con profesorado de referencia.
Participa nas clases, concertos e actividades do festival e vive unha experiencia musical inesquecible.
Un equipo docente formado por clarinetistas de prestixio, comprometidos coa formación e a música.
Buscamos persoas, entidades e proxectos que queiran formar parte do Galicia Clarinet Fest.
Compartimos novidades, actividades e momentos destacados que forman parte do día a día do Galicia Clarinet Fest.
+1.500 espectadores
18 docentes de 9 países
8 días de música e formación
VII Edición
Galicia Clarinet Fest
Lalín convértese un ano máis no epicentro mundial do clarinete.
Esta VII edición, que se celebra do 2 ao 9 de agosto, contará coa nómina de profesorado máis ambiciosa ata o momento, cun total de 18 docentes de prestixio que percorren os escenarios máis importantes do mundo.
Clarinetistas que forman parte de orquestras e universidades internacionais serán responsables de impartir as clases maxistrais, obradoiros e concertos.
IV Concurso Internacional
de Clarinete
Dentro do festival, terá lugar o IV Concurso Internacional Galicia Clarinet Fest 2026, que se celebrará o día 8 de agosto no Auditorio de Lalín (Pontevedra). O concurso ten por finalidade promover o talento xoven, fomentar a excelencia interpretativa e ofrecer oportunidades artísticas de proxección nacional e internacional aos clarinetistas que se presenten.
Haberá 10 premios nun total de tres categorías; ademais de clases gratuitas, ou descontos na matrícula os/as gañadores/as poderán actuar como solistas coa Real Filharmonía de Galicia, ou coa Banda Municipal da Coruña na VIII edición do festival.





ACADEMIA
Concertos
A música sae das aulas para ofrecer a maxestuosidade dos grandes concertos e solistas no Auditorio de Lalín, a frescura e proximidade dos concertos do alumnado e da Banda Municipal da Coruña na Praza das Pipas, ou a intimidade dos recitais con piano e os concertos de jazz no Casino.
Unha programación diversa onde a música é o fío condutor entre a tradición e a vangarda internacional.






