Academia do
Galicia Clarinet Fest 2024

A Academia ofrece contidos cos que estudantes, clarinetistas profesionais e afeccionados/as poderán perfeccionar a súa formación, impartida por profesorado que ocupa praza en prestixiosas orquestras e universidades do mundo.
A Academia ofrece clases individuais con:
José F. Ballester, Arno Peters, Tibor Reman, Selin Gürol, Juan Ferrer, Michelle Anderson, Emilio Espasandín, David Griffits, Deborah Andrus, Lorenzo Coppola, José Luis Estellés, Vítor Matos, Joâo Pedro Santos e Xocas Meijide.
Tamén talleres con Selin Gürol , Xocas Meijide e Adrián Vilaboa.

Algunhas das clases terán acompañamento de piano da man de especialistas no repertonio clarinetístico, sendo posible cursar aulas de clarinete baixo, histórico ou requinto.
Michelle Anderson e Debbie Andrus impartirán a formación Clarinete para amateurs.
Consulta o programa formativo e inscríbete aquí.

Inscrición Galicia Clarinet Fest

1. Completa o formulario de Inscrición  para efectuar o pago da sinal de 150 €. A cantidade restante da matrícula será abonada ao chegar ao Galicia Clarinet Fest.
2. A selección do alumnado será por orde de matriculación e por currículo.
3. O alumnado poderá indicar o profesorado da súa preferencia, aínda que a organización poderá reasignalo no caso de non ter praza por orde de matrícula e currículo.
4. O alumnado que no esteainteresado no profesorado proposto pola organización poderá causar baixa e devolveráselle a inscrición.
5. O alumnado indicará se quere participar na Galicia Clarinet Ensemble.
6. Pódense combinar as clases individuais entre profesorado de Clarinete e os de Requinto, Clarinete Baixo ou Clarinete Histórico.
7. Só se poderá facer unha clase con cada mestre/a agás o alumnado de Clarinete Histórico, Requinto e Clarinete Baixo que poden recibir unha adicional.
8. Terase en conta que non tódo o profesorado está nas mesmas datas, podendo influír directamente na matrícula.
9. Só se devolverá o importe abonado da inscrición en caso de que o alumno/a teña que cancelar a súa participación por enfermidade, razóns persoais importantes ou por causas de forza maior.
10. No caso de alumnado con compromisos xa adquiridos durante as datas da Academia, tentarase na medida do posible adaptar as clases a súa dispoñibilidade.
11. Haberá 2 tipos de desconto grupais:
• De 6 a 9 integrantes: 10% da matrícula
• De 10 a 14 integrantes: 15% da matrícula
• 15 ou máis integrantes: 20% da matrícula

Deberase indicar o nome do colectivo na ficha de inscrición.

12. O alumnado activo e alumnado oínte de pase completo (100€) do Galicia Clarinet Fest terá acceso gratuíto a todas as actividades do mesmo:
• Entrada para todos os concertos do Festival.
• Entrada con acceso total para todas as actividades do Congreso (conferencias, concertos, presentacións, exposicións, proba de produtos, etc.)
13. O alumnado activo tamén poderá participar de xeito gratuíto no II Concurso Internacional de Orquesta.
14. O alumnado activo poderá acceder a todas as clases da Academia como oínte.
15. A data límite de inscrición para o alumnado activo será o venres 11 de xullo.

Prezos

Alumnado Activo

• 3 clases: 280 €
• 4 clases: 340 €
• 5 clases: 400 €

Alumnado Oínte

• Pase de 1 día: 30 €
• Pase completo: 100 €

Formulario de inscrición

A determinar

Hartmann, Karl Amadeus

Kammerkonzert (26’) para clarinete, cuarteto de cuerdas y orquesta de
cuerdas

I. Introduktion: Moderato
II. Tanz-Variationen
III. Fantasie: Langsam

Clarinete- Arno Piters

Wolfgang Amadeus Mozart

Concierto para clarinete y orquesta en la, K622 (31’) I. Allegro

II. Adagio

III. Rondo

Clarinete-Tibor Reman

Aaron Copland

Concierto para clarinete, cuerdas, arpa y piano (17’) (en el 75 aniversario de
su composición)

Slowly and expressively
Rather fast

Clarinete-José Luís Estellés