V Edición do Galicia Clarinet Fest
Galicia Clarinet Fest é unha experiencia única para gozar dos concertos e da mestría de intérpretes de clarinete do panorama nacional e internacional. Convértese Lalín (Galicia), do 12 ao 19 de xullo, no epicentro mundial do virtuosismo do clarinete, ofrecendo un espazo académico, divulgativo e de lecer, de primeiro nivel.
Destaca historicamente a comarca do Deza por ser cerne de numerosas bandas de música, conservatorios, escolas e agrupacións musicais. E nesa comunidade formada por profesorado, estudantes, afeccionados/as e público, o clarinete ten un papel destacado.
Nese contexto o Galicia Clarinet Fest conta cun enfoque estratéxico que o fai singular: visibilizar un territorio conectado a través da música e consolidalo como unha plataforma transmisora de coñecemento.
O festival, na súa V edición, é un evento multicultural que reúne a 14 clarinetistas e a 4 pianistas de prestixio internacional que percorren os máis importantes escenarios do mundo.
Tralo concerto inaugural a cargo da Real Filharmonía de Galicia, alumnado e público gozarán ao longo 8 días da mestría de José F. Ballester, Arno Piters, Tibor Reman, Selin Gürol, Juan Ferrer, Michelle Anderson, Emilio Espasandín, David Griffits, Deborah Andrus, Lorenzo Coppola, José Luis Estellés, Vítor Matos, Cristina Esclápez, Joâo Pedro Santos, Alicia González, Isolda Crespi, Pablo Rodríguez e Xocas Meijide, director artístico do festival.
Dentro do marco do festival celébrase o I Congreso Galicia Clarinet Fest, do 12 ao 14 de xullo, cun programa repleto de actividades no que músicos, profesorado e amantes do clarinete combinan a súa paixón pola música coa procura do coñecemento.
O concerto da Real Filharmonía de Galicia é o pórtico a unha fin de semana que abranque concertos, recitais de piano, conferencias inspiradoras, a pedagoxía máis novidosa, clases maxistrais ou a exposicións das mellores marcas de clarinete do mundo.
Entre as singularidades do Congreso apuntamos o taller que impartirá a clarinetista turca Selin Gürol, con máis de 125.000 seguidores nas redes sociais.
Estamos agardando por ti
Durante o congreso terá lugar o II Concurso Internacional de Repertorio Orquestral .
O obxectivo do mesmo é xerar oportunidades e abrir as portas do mundo orquestral aos/as participantes.
Grazas a este concurso poderán optar, como premio, a participar como músicos activos durante a tempada de concertos (2024/2025) en catro grandes orquestras, dúas delas internacionais:
- Orquestra Sinfónica de Galicia
- Real Filharmonía de Galicia
- Orquestra de Guimarâes
- Orchestre National de Cannes
Infórmate dos requisitos para participar aquí.
A oferta formativa continúa ao longo de toda a semana na Academia, na que estudantes, clarinetistas profesionais e afeccionados/as poderán perfeccionar a súa formación coas aulas do profesorado formado por clarinetistas que ocupan praza en prestixiosas orquestras e universidades do mundo. Algunhas das clases terán acompañamento de piano da man de especialistas no repertonio clarinetístico, sendo posible cursar aulas de clarinete baixo, histórico ou requinto.
Dentro do programa da Academia insírese a actividade Clarinete para amateurs, impartido polas profesoras Debbie Andrus e Michelle Anderson, fundadora do Clarinet Mentor, un dos recursos educativos para a aprendizaxe en liña do clarinete con máis seguidores.
Inscríbete aquí.

Proba POst
Descubriendo la Magia del Clarinete: Un Viaje Musical El clarinete, con su sonido rico y versátil, ha capturado los corazones de músicos y oyentes durante siglos. Desde sus […]
Benvido/a ao Galicia Clarinet Fest!
INSCRICIÓNS

JOSÉ F. BALLESTER
Profesor de la British Columbia University y Director artístico do Ensemble MiXT.

JOSÉ LUIS ESTELLÉS DASÍ
Profesor en la Hochschule für Musik und Tanz Köln de Berlín y Musikene.

ARNO PITERS
Clarinetista de la Royal Concertgebouw Orchestra y docente en el Conservatorio de Amsterdam.

JUÁN FERRER
Clarinete solista de la Orquesta Sinfónica de Galicia. Profesor en Forum Musikae en Madrid.

XOCAS MEIJIDE
Clarinete bajo de la BM de A Coruña y profesor en la Universidade do Minho.

TIBOR REMAN
Principal clarinete de la Staatkapelle de Berlín y profesor de la Universität der Künste Berlin.

LORENZO COPPOLA
Docente de clarinete histórico en la Escola Superior de Música de Catalunya.

MICHELLE ANDERSON
Profesora en la British Columbia University.

EMILIO ALONSO ESPASANDÍN
Clarinete / Requinto en la Orquesta Nacional de Cannes.

VÍTOR MATOS
Doctor en Música e Interpretación en la Universidade de Minho.

DAVID GRIFFITHS
Director e profesor asociado de Música no Conservatorio de música da Universidade de Melbourne

SELIN GÜROL
Clarinetista en la Presidential Symphony Orchestra de Ankara.

DEBORAH ANDRUS
Clarinetista de la Allentown Symphony Orchestra.

JOÃO PEDRO SANTOS
Professor na Escola de Música do Conservatório Nacional (Lisboa) e na Academia de Música de Santa Cecília (Lisboa).

ALICIA GLEZ. PERMUY
Pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Colaboradora habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia.

ISOLDA CRESPI
Pianista colaboradora na Escola Superior de Artes Aplicadas de Castelo Branco (Univ. do Minho) e na Escola Profissional Artística do Vale do Ave.

PABLO RODRÍGUEZ
Pianista acompañante da Aula de Saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo.