II CONCURSO INTERNACIONAL DE ORQUESTRA

Enmarcado no I Congreso Galicia Clarinet Fest  terá lugar II  Concurso Internacional de Repertorio Orquestral.

O obxectivo do concurso é abrir as portas  do mundo orquestral a os/as participantes.

Está dirixido a alumnado que curse ou teña cursado estudos superiores e másteres, e a intérpretes que  acrediten o nivel necesario.

Grazas a este concurso poderán optar, como premio, a participar como músicos activos durante a tempada de concertos (2024/2025) en catro grandes orquestras, dúas delas internacionais:

• Orquestra Sinfónica de Galicia
• Real Filharmonía de Galicia
• Orquestra de Guimarâes
• Orchestre National de Cannes

Inscricións

A inscrición ao concurso implica a aceptación das presentes bases.

A data límite de inscrición será o día 5 de xullo de 2024 e realizarase enviando o formulario, que se atopa na parte inferior de esta páxina completamente cuberto.

En canto á nacionalidade dos/as candidatos/as no caso da obtención dun dos premios existen tres supostos:

• Músico con nacionalidade española: non é necesaria a realización de ningún trámite.
• Músico con nacionalidade europea: requisito previo é solicitar o certificado de residencia como cidadán/cidadá da Unión Europea.
• Músico extracomunitario: necesario que dispoña dun permiso temporal de residencia e de traballo en España en vigor.

No caso de ser premiado un/unha menor de idade, deberá contar coa autorización do pai, nai ou titor/a.

A inscrición será gratuíta para o alumnado activo do Galicia Clarinet Fest 2024 e terá un prezo de 50€ para os demais interesados/as que se fará mediante a seguinte pasarela de pago.

Calquera inscrición incompleta ou realizada con posterioridade á data anteriormente citada darase por nula.

Tribunal

O tribunal do II CONCURSO INTERNACIONAL DE ORQUESTRA está composto por 5 clarinetistas do máis alto nivel:

• Presidente: D. Juan Ferrer Cerveró (Clarinete Principal da OSG)
• Secretario: D. Vitor Matos (Universidade do Minho)
• Vogais: D. Arno Piters (Royal Concertgebow), D. Tibor Reman (Staatcapelle Berlin), D. José Luis Estellés (Musikene),D. Emilio Alonso Espasandín (Orchestre National de Cannes)

Fases e Repertorio Orquestral

O concurso constará de 3 fases, unha primeira fase o sábado 13 de xullo na que se fará a preselección dos/as candidatos/as a participar nas fases semifinal e  final que terá lugar o domingo 14 de xullo.

Os fragmentos indicados serán extraídos do libro Orchester Probespiel Test Pieces for Orchestal Auditions (Hepp/Rohde) para clarinete da editorial Peters.

Primeira Fase

Os/as candidatos/as deberán presentarse no Multiusos Manuel Rivero de Lalín ás 9:00 horas. Realizarase o sorteo para ditaminar a orde de interpretación.

Tabla HTML
Exposición do I Movemento do Concerto de W. A. Mozart
(ata o compás 154)
BeethovenSinfonía no. 6 (1º, 2º e 3º mov.)
MendelssohnSoño de unha Noite de Verán
KodalyDanzas de Galanta
ShostakovichSinfonía no. 9

O tribunal indicará qué solos ou que fragmento deles se debe interpretar nesta fase.

Semifinal

Os/as candidatos/as que superen a primeira fase pasarán á semifinal na que, aparte dos solos da fase previa, completarán con:

Tabla HTML
ShostakovichSinfonía no. 9 (2º mov.)*
Rimski KorsakovCapricho Español*
StravinskyVariacións do Ballet Paxaro de Lume
RespighiPiñeiros de Roma

O tribunal indicará que solos ou que fragmento deles se debe interpretar nesta fase.

A organización proporcionará aos seleccionados/as os fragmentos das obras que non se atopen no Orchester Probespiel Test Pieces for Orchestal Auditions (Hepp/Rohde) para clarinete da editorial Peters.

Serán citados/as ás 9:00 horas no mesmo lugar, Multiusos Manuel Rivero, para realizar o sorteo da orde de participación antes do comezo desta fase.

Final

Os/as finalitas interpretarán unha selección de solos da lista da semifinal.

Tabla HTML
BeethovenSinfonía no. 6 (1º, 2º e 3º mov.)
BeethovenSinfonía no. 8
KodalyDanzas de Galanta
MendelssohnSoño de unha Noite de Verán
RespighiPiñeiros de Roma
Rimski KorsakovCapricho Español*
ShostakovichSinfonía no. 9
ShostakovichSinfonía no. 9 (2º mov.)*
StravinskyVariacións do Ballet Paxaro de Lume

Resultados e Premios

Os resultados do concurso faranse públicos, ese mesmo día, no concerto das 21:00 horas do festival e a través das canles dixitais do Galicia Clarinet Fest.

Formulario de inscrición

A determinar

Hartmann, Karl Amadeus

Kammerkonzert (26’) para clarinete, cuarteto de cuerdas y orquesta de
cuerdas

I. Introduktion: Moderato
II. Tanz-Variationen
III. Fantasie: Langsam

Clarinete- Arno Piters

Wolfgang Amadeus Mozart

Concierto para clarinete y orquesta en la, K622 (31’) I. Allegro

II. Adagio

III. Rondo

Clarinete-Tibor Reman

Aaron Copland

Concierto para clarinete, cuerdas, arpa y piano (17’) (en el 75 aniversario de
su composición)

Slowly and expressively
Rather fast

Clarinete-José Luís Estellés