CICLO DE CONCERTOS
Como en edicións anteriores, o Galicia Clarinet Fest ofrecerá unha variada programación de concertos ao longo de toda a semana do festival, co obxectivo de acercar a música a todos os públicos e de poñer en valor o traballo do alumnado e profesorado participante.
Manterase a programación diaria de concertos ás 13:00 horas. Estes recitais celebraranse na Praza das Pipas, consolidando este espazo como punto de encontro musical no corazón de Lalín.
Ademais, este ano faranse concertos ás 19:00h, onde o profesorado será o protagonista de concertos de música de cámara.
Os principais concertos do festival serán ás 20.30h, tendo como ubicación o Auditorio de Lalín ou a Praza das Pipas.
Teremos a estrea mundial do espectáculo de música electroacústica con Vídeo Arte, Camiño ó Infinito-Ride to Infinity a cargo de Xocas Meijide.
Así mesmo, celebraranse concertos sinfónicos e de gran formato, actuando a Banda Municipal de A Coruña o mércores día 5 e o concerto da Real Filharmonía de Galicia, programada para o día 7 na Sala Tuno Valdés do Auditorio de Lalín.
O concerto de clausura da Orquestra de Clarinetes do festival será dirixido por José Franch Ballester.
NOVIDADE
CICLO NOCTURNO DE JAZZ
Como gran novidade desta edición, o festival presenta un novo espazo dedicado ao jazz e á improvisación, baixo el título provisional de “Noites de Jazz en Lalín”.
Dentro de esta programación de jazz, teremos 2 concertos de tarde na Praza das Pipas ás 20:30h, o martes e xoves.
Ademais, a partir das 23:45h, contaremos con concertos o venres e o sábado.
Este novo formato busca ampliar a oferta musical do festival, fomentando a interacción entre estilos e creando un ambiente distendido para o público nocturno.
Programación de Concertos
O Galicia Clarinet Fest 2026 contará cunha programación artística complementaria de carácter internacional que acompañará o desenvolvemento académico e competitivo do festival, ofrecendo unha proposta musical diversa e de alto nivel interpretativo.
O festival dará comezo oficialmente o 2 de agosto de 2026 co concerto de benvenida a cargo do Galicia Clarinet Ensemble.
Concertos do Alumnado
Dende o 3 ata o 8 de agosto, celebraranse diariamente ás 13:00 horas os concertos de alumnos na Praza das Pipas, co obxetivo de dinamizar a vida cultural da cidade e ofrecer ao alumnado unha experiencia escénica aberta ao público.
Estos concertos constituirán unha parte fundamental do espíritu pedagóxico do festival, acercando a música á cidadanía e fomentando a proxección artística dos participantes.

Recitais con piano
Os días 4, 5 e 6 de agosto celebraranse recitais con piano en horario de tarde.
Estos recitais estarán protagonizados por profesores invitados e artistas do festival, consolidando a dimensión camerística do evento.

Concertos das 20:30 h
O ciclo principal de concertos terá lugar diariamente ás 20:30 horas, segundo o seguinte programa:
3 de agosto – Concerto inaugural “Camiño ao Infinito”, espectáculo de videoarte e electroacústica con Xocas Meijide, no Auditorio de Lalín.
4 de agosto – Concerto de jazz a cargo de Mery Lafuente & the Syncopated Man.
5 de agosto – Concerto da Banda Municipal da Coruña con Wolfgang Puntas e Manuel Martínez como solistas, na Praza das Pipas.
6 de agosto – Concerto de jazz a cargo do Trío de Nani García con Ricardo Formoso como solista.
7 de agosto – Concerto da Real Filharmonía de Galicia con Sergio Pires e Shirley Brill como solistas, no Auditorio de Lalín.
8 de agosto – Concerto de clausura a cargo da Orquestra de Clarinetes do Festival, baixo a dirección de José Franch Ballester.
Todos estes concertos celebraranse ás 20:30 horas, consolidando así un ciclo de música sinfónica e de cámara de referencia dentro da programación cultural da rexión.
